ACLUXEGA.
Instalacions Xeotérmicas en Galicia

 

Asociación Cluster de Xeotermia de Galicia

Apaixónanos a enerxía, centramonos na sustentabilidade.

Instalacións non residenciais de Xeotermia en Galicia

Listado de instalacións Xeotermicas no territorio Galego nos sectores Industriais, Agrícola e Gandeiro, Construcción, Educativo, Administracións Públicas, Sector Servicios e Sociais.

Instalacións de Xeotermia Residenciais en Galicia

Listado de instalacións Xeotermicas no territorio Galego en vivendas particulares

Xeotermia

¿Que es?

A enerxía xeotérmica é unha enerxía limpa e renovable que aproveita o calor do subsolo para quentar fluídos que posteriormente se usan para a climatización ou produción de enerxía eléctrica. É unha das enerxías renovables máis eficientes.

Vantaxes
  • Proporciona calefacción, auga quente e refrixeración de maneira constante, as 24 horas do día e os 365 días do ano.
  • O seu funcionamento baséase na temperatura constante do terreo, independentemente das condicións climáticas.
  • A bomba de calor non utiliza combustión, o que significa que non produce fume, cheiros nin contaminación.
  • É unha fonte de enerxía segura e limpa.
  • Non require combustibles como gasóleo, leña ou pellets.
  • Unha vez instalada, o custo de mantemento é moi baixo.
  • Permite aforrar ata un 70% na factura enerxética.
  • É posible combinar a xeotermia con outras fontes de enerxía en sistemas híbridos.
  • Ten un impacto visual nulo nas vivendas, sen chemineas nin unidades exteriores nas fachadas, e non xera ruído.
  • É unha fonte de enerxía renovable que reduce a dependencia dos combustibles fósiles e é especialmente beneficiosa para áreas rurais dispersas como Galicia.
  • Galicia conta cun alto potencial xeotérmico debido ao seu subsolo adecuado e á existencia dun sector profesional especializado no seu aproveitamento.
  • Non está suxeita a prezos internacionais, o que permite manter prezos nacionais ou locais.
Tecnoloxía de presente e futuro

A xeotermia e un dos sistemas de calefacción e auga quente mais rentables en Galicia debida a sua sinxela implementación.

En acluxega axudámoste a xestionar e instalar a túa instalación xeotérmica.

Informe realización do Convenio 2024

INEGA – ACLUXEGA

Mapa de instalacións Xeotérmicas de Galicia